Benvida

Detalles

Benvidos á páxina web do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Lugo. Lles presentamos un centro educativo cun amplísimo historial de servizo educativo á cidade e á súa provincia.

Fundado en 1932, posuímos unha longa experiencia de adaptación a necesidades devenidas de vellos e novos retos. O noso lema resume os valores que defendemos desde as aulas. Con mirada ampla, apostamos polos homes e mulleres que o día de mañá serán os alumnos e alumnas de hoxe. O seu futuro é o que importa.

Somos un centro con oferta educativa de Ciclos Formativos de Electriciade-Electrónica, Fabricación Mecánica, Madeira, Construción, Sanitarios e de Servizos a Comunidade, constituíndo unha das máis importantes de Galiza.
O edificio actual está situado nunha das zonas máis bellas de Lugo. Rodeado de centros educativos e veciño do parque "Rosalía de Castro", un dos emblemas da cidade, conta con amplos espazos axardinados e deportivos propios, ademais de biblioteca, polideportivo, ximnasio, salón de actos para 456 persoas, talleres, aula de Enerxías Renovables, aulas especializadas e laboratorios dotados con material de tecnoloxía moderna.
En todo caso, gracias por interesarse polo noso centro.

   
FSE
   
FSE
   
iso9001
   
   
Acreditación
   
   
   
   
   
   
   
   
Ver accesos dos artigos
1033553
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo