Erro
  • JUser: :_load: Unable to load user with id: 63

ENERXÍAS RENOVABLES

INTRODUCIÓN AS ENERXÍAS RENOVABLES

Detalles

INTRODUCCIÓN

Definiremos as Enerxías Renovables como aquelas que se renovan en ciclos relativamente curtos e non producen esgotamento doutras enerxías ou materiais. Para incluír unha enerxía dentro do grupo de renovables tamén temos en conta que non varíen o ecosistema, aproveiten os recursos da natureza sen modificala e sexan inesgotables.

Toda enerxía produce un maior ou menor impacto ecolóxico pero as Renovables producen uns efectos mais asumibles pola natureza, con todo pode ser moi discutible se unha enerxía é renovable ou non, por exemplo a Enerxía Hidraulica é renovable pero produce un forte impacto medioambiental por culpa dos embalses, canalizacións, posibilidade de rebentar a presa, etc.

As Enerxías Renovables son unha opción cada vez máis competitiva e o que é máis importante, respectuosas co medio ambiente. Distintos gobernos e moi en particular os cidadáns de tódolos países están en contra de certas enerxías que crean graves consecuencias medioambientais, de saúde e económicas. Pensemos en catástrofes como as de Fukushima (Xapón) e o cambio climático.

As enerxías renovables mais significativas son:

Solar (fotovoltaica e fototérmica).
Eólica (grande eólica e minieólica).
Bioenerxías (biomasa, biogas, leña, biocarburantes, residuos, etc.)
Mareomotriz.
Ondas.
Hidráulica (grande hidráulica e minihidráulica).
Xeotérmica.

 

 

 


   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo