Detalles

Benvidos ao Departamento de Información e Orientación Profesional do centro.

As nosas competencias no centro son:

a)Elaborar as propostas de organización da orientación educativa e profesional e o plan de acción titorial.

b)Informar a calquera persoa interesada sobre oportunidades de acceso ao emprego, oferta de cursos, posibilidades do procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional, das cualificacións profesionais e da formación ao longo da vida.

c)Informar e orientar as persoas participantes no procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional, acerca dos itinerarios formativos e da maneira de conseguir  a titulación de formación profesional ou o certificado de profesionalidade correspondente. 

d)Planificar, desenvolver e levar a cabo accións de información e orientación nos procesos de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional.

e)Motivar o alumnado e as persoas aos programas e ás actividades de emprendemento.

f)Planificar a actividade dos viveiros de empresas.

g)Divulgar accións de emprendemento.

h)Realizar estudos de inserción laboral e de mercado de traballo  co alumnado.

i)Xestionar a bolsa de emprego do centro.

j)Coordinar a orientación laboral e profesional con outras administracións, entidades ou institucións.

k)Coordinar, apoiar e ofrecer soporte técnico ás actividades de información, orientación e titoría.

l)Colaborar na detección de dificultades ou problemas de desnvolvemento e no diagnóstico, deseño e aplicación de programas individuais de reforzo educativo.

m)Contribuir a que a avaliación no centro se axuste aos principios de continua, formativa e orientativa.

n)Elaborar propostas acerca dos perfís profesionais que demanden as empresas do contorno.

o)Elaborar a programación do departamento e a memoria de actuacións.

 

O HORARIO DE ATENCIÓN NO CENTRO DURANTE O CURSO 2013-2014 SERÁ TODAS AS MAÑÁS E AS TARDES DOS MARTES (de 17:45-19:45 horas)

   
FSE
   
FSE
   
iso9001
   
   
Acreditación
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo