Política de calidade

Detalles

Política de calidade

Os Centros Integrados de Formación Profesional do Sistema Educativo de Galicia, teñen unha implicación e compromiso claro coa calidade como se retrata na nosa Misión, Visión e Valores.

 

 Misión

 

Descríbese nos seguintes puntos:

 

  • Establecer unha oferta de formación profesional modular, flexible, de calidade e adaptada ás demandas da poboación e ás necesidades xeradas polo mundo produtivo, proporcionando servizos para a cualificación e a recualificación das persoas ao longo da vida. 
  • Participar no procedemento para o recoñecemento, a avaliación e a acreditación de competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e de vías non formais de formación no marco do Sistema Nacional das Cualificacións e da Formación Profesional. 
  • Prestar servizos de información e de orientación profesional ás persoas para tomar as decisións máis axeitadas respecto da súa carreira profesional 
  • Establecer un espazo de cooperación entre o sistema de formación profesional e o ámbito produtivo sectorial e local, para desenvolver e estender unha cultura da formación permanente, 
  • Fomentar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, con especial incidencia na erradicación de prexuízos. 
  • Facilitar o acceso da mocidade ao primeiro emprego, así como a conservación e mellora do posto de traballo dos traballadores e das traballadoras, mediante unha oferta formativa de calidade que promova a aprendizaxe permanente e a capacidade de adaptación aos cambios sociais, organizativos e tecnolóxicos. 
  • Impulsar e mellorar as aptitudes e as competencias do alumnado, promovendo proxectos de iniciativa emprendedora, mobilidade, perfeccionamento profesional e cooperación, nun contexto internacional.

  

          Visión

Como Centros Integrados de Formación Profesional proporcionaremos unha formación integral ao noso alumnado que lle facilite a participación activa e responsable como cidadáns, polo que ofreceremos unha oferta formativa completa e de calidade que conduza á obtención de títulos de formación profesional e á acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, atendendo as necesidades que demande o mercado laboral e consolidando vínculos con todas as empresas do contorno.

 

         Valores

Orientamos as nosas accións para:

 

  • Fomentar valores de convivencia, cooperación e respecto. 
  • Ofrecer uns servizos educativos de calidade. 
  • Mellorar continuamente a calidade dos servizos prestados, a través da innovación e o traballo en equipo, para crear valor aos nosos usuarios mediante un sistema de calidade total co compromiso de cumprir cos requisitos do sistema e de mellorar continuamente a súa eficacia. 
  • Lograr a satisfacción da comunidade buscando atender as súas necesidades e adiantándonos ás súas expectativas, observando o cumprimento da misión, visión e valores da institución. 
  • Ofrecer as cualificacións profesionais requiridas para dar resposta ás necesidades e demandas do noso ámbito socioeconómico. 
  • Optimizar os recursos públicos dispoñibles, fundamentados nas tecnoloxías da información e da comunicación, para reproducir procesos sustentables, cun profesorado formado tanto na didáctica coma nas innovacións tecnolóxicas. 
  • Fomentar o espírito emprendedor e o desenvolvemento de actividades empresariais. 
  • Contribuír ao logro das actuacións e os obxectivos de calidade establecidos no Plan estratéxico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 
  • Desenvolver vínculos co sistema produtivo do contorno (sectorial, comarcal ou local) nos ámbitos seguintes: 

–      Formación do persoal docente de formación profesional. 

–      Formación do alumnado en centros de traballo e realización doutras prácticas profesionais. 

–      Orientación profesional. 

–      Participación de profesionais do sistema produtivo na impartición de docencia. 

–      Colaboración na detección de necesidades de formación permanente dos traballado-res e das traballadoras, así como na información e orientación das persoas usuarias, tanto a título individual como colectivamente. 

 

 Esta  Política  de  calidade  servirá  de  marco  de  referencia  para  establecer  e  revisar  o  Plan estratéxico e os obxectivos de calidade.  

A Dirección dos CIFP de Galicia revisaraa, polo mínimo unha vez ao ano, para verificar a súa adecuación á forma real de traballo da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional de Galicia.  

Co fin de que sexa coñecida por todo o persoal dos centros, a Política de Calidade exporase publicamente nas instalacións dos CIFP e divulgarase por calquera outro medio.

 

 

 

   
FSE
   
FSE
   
iso9001
   
   
Acreditación
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo