Funcións do coordinador@ das TICs

Detalles

Funcións do coordinador/a TIC

Son funcións do coordinador ou da coordinadora de TIC:

  1. Colaborar na implantación, no desenvolvemento e no mantemento dos recursos tecnológicos do centro, e nos programas de formación do profesorado.
  2. Fomentar a participación do profesorado do centro na creación de proxectos e actividades de I+D+I, co uso das novas tecnoloxías e a súa difusión no centro.
  3. Establecer relacións con administracións, entidades, empresas e institucións para o desenvolvemento de actividades ou proxectos relacionados coas novas tecnoloxías.
  4. Promover e coordinar a elaboración e a actualización da páxina web do centro.
  5. Establecer canles para a difusión e o intercambio de experiencias, proxectos e información con outros centros.
  6. Colaborar coa xefatura da área de administración e xestión na xestión e no mantemento dos recursos dispoñibles, así como na adquisición de equipamento.
  7. Velar polo mantemento das instalacións e do equipamento informático do centro.
  8. Realizar propostas para o establecemento das normas de uso das tecnoloxías da información dispoñibles no centro.
  9. Promover a biblioteca como un espazo común, de uso e intercambio de experiencias das tecnoloxías da información e da comunicación, en colaboración coa persoa encargada da coordinación da biblioteca do centro integrado.
  10. Apoiar o profesorado na integración das TIC nos programas formativos.
  11. Aqueloutras funcións que lle asigne a xefatura do departamento de calidade e innovación, dentro do seu ámbito de actuación.
   
FSE
   
FSE
   
iso9001
   
   
Acreditación
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo