Mobilidade de Alumnos

Detalles

innovacion

O CIFP Politécnico de Lugo está a participar no proxecto "Hacía un desenvolvemento máis eficaz das competencias profesionais: experiencia de mobilidade e innovación no ámbito inter autonómico", no cal participa este Centro, xunto aos centros IES Les Vinyes de Santa Coloma de Gramanet e IES Garcia Pavón de Tomelloso.

Nestes momentos un total de trece alumnos do noso Centro participan, facendo un mes de FCT noutras Comunidades; dous alumnos de Laboratorio de Diagnóstico Clínico atopasen en Barcelona, e seis alumnas de Educación Infantil, e cinco alumnos de Electrónica están a facer un período de FCT en Tomelloso.

Do mesmo xeito dez alumnos de Tomelloso realizan un período de FCT en diversas empresas e institucións de Lugo.

Tamén participan nestes intercambios distintos profesores, así dúas profesoras de Laboratorio realizan unha estancia en Barcelona, e catro profesores, de Electricidade e de Atención Sociosanitaria, á actividade ten por misión facilitar o intercambio de experiencias e de formas de facer distintas nun proceso enriquecedor para todos. Igualmente durante a semana do 23 ao 27 de abril unha profesora de Tomelloso realizará unha estancia no noso Centro, coa que intercambiaremos experiencias.

 

   
FSE
   
FSE
   
iso9001
   
   
Acreditación
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo