HISTORIA

Detalles

As nosas orixes remóntanse ó ano 1929 no que a Asociación Patronal de Lugo e a súa  Provincia solicita para a cidade de Lugo unha Escuela Elemental de Trabajo "para que os obreros de Lugo alcancen un maior grao de perfeccionamiento".

1932. Inaugúranse as instalacións que albergarán a actividade académica na lucense Praza de Santo Domingo. O 12 de outubro prodúcese a solemne apertura de curso, cun claustro composto por oito profesores que atendía a 45 alumnos organizados en dous grupos.

1950. As actividades educativas trasládanse ó novo edificio da rúa Montevideo (hoxe ocupado polo I.E.S. Xoán Montes).

1957. Comeza o plan de Mestría Industrial. Dous anos de Preaprendizaxe, tres de Oficialía e dous máis para acada-la Mestría.

1971. Inaugúrase o edificio que ocupamos na actualidade. Construido para seiscentos setenta e cinco alumnos, despois de numerosas reformas e ampliacións chegou a albergar máis de mil cincocentos alumnos.

1974. Comeza o plano de Formación Profesional. Dous cursos de iniciación nunha rama profesional, nos que os alumnos conseguían o título de técnico auxiliar, e tres de especialización para obte-la titulación de técnico especialista.

1975. A tres centros en toda Galicia, entre eles o noso, se lles concede a denominación de Instituto Politécnico Nacional pola importancia das súas instalacións e amplitude de ramas e especialidades impartidas.

1983. O centro, ata entón de carácter exclusivamente técnico-industrial, amplía a súa oferta educativa acollendo a rama Sanitaria.

1991. Integrámonos, dende o primeiro momento, incluso inicialmente de modo experimental no plano LOXSE, acollendo, paulatinamente, a ESO, o BAC e reconvertendo a formación profesional en ciclos formativos, de grao medio e superior.

1997. Incorpórase a familia de Servicios á Comunidade, co Ciclo Formativo Superior de Educación Infantil.

2008. Ampliamos a nosa oferta educativa cos novos Programas de Cualificación Profesional Inicial da familia de Fabricación Mecánica.

2009. Ampliamos a nosa oferta educativa co novo ciclo formativo de Técnico en Emerxencias Sanitarias en oferta de nocturno. Este ano tamén deixamos de ofertar en modalidade de adultos o Bacharelato.

2011. Pasamos a formar parte da rede de centros integrados de formación profesional da nosa comunidade autónoma, o que motiva o traslado das ensinanzas de ESO e Bacherelato, permanecendo so a FP. O mesmo tempo ampliase a oferta formativa de FP con novos ci-clos e cursos AFD. A partir de agora somos CIFP Politécnico de Lugo.

Esta historia é moi breve, ti podes colaborar axudando a ampliar e matizar o seu contido, poder facernos chegar as túas contribucións.

   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
Ver accesos dos artigos
2370900
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo