FP PLUS

Eduemprende 2014

Detalles

“ O EMPRENDEMENTO COMO CHAVE DE FUTURO ”

O día 4 de febreiro de 2014 tivo lugar no salón de actos do CIFP  Politécnico de Lugo unha xornada de fomento das iniciativas emprendedoras, destinada a alumnos de segundo curso de ciclos formativos e bacherelato.

  
A  xornada, que se enmarca dentro do programa eduemprende Actúa  xestionado pola Consellería de Educación e que implica a 99 centros educativos de Galicia, asistieron ademáis dos alumnos do Centro, estudantes do IES Lucus Augusti, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e Escola de Imaxen e Son - Fundación TIC


A xornada contou coa participación dun técnico do IGAPE e tres xóvenes emprendedores lucenses: Juan Andrés Pérez da empresa Galdoo Technologies, S.L , que ten a sua sede no vivero de empresas do CIFP politécnico de Lugo e Ismael Casás e Hugo  Lozano   da empresa Centro Infantil  GALWY , que se trata dun centro de ocio infantil, situado na rúa San Roque.


Con estas xornadas pretendese acercar o mundo da empresa os estudantes e despertar así o seu espíritu emprendedor. Para poñer en marcha estas iniciativas emprendedoras, a Consellería de Educación pon a sua disposición a rede de viveiros situados nos Centros Integrados de FP, concretamente na nosa provincia: CIFP Politécnico de Lugo, CIFP Porta da Auga (Ribadeo) e CIFP As Mercedes.

EMPRESAS COLABORADORAS

 

   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo