FP Innova 2018

Detalles
Categoría pai: INSTITUCIONAL
Visitas: 5302

CIFP Politécnico Lugo -  FP Innova 2018

   

Durante os pasados días 25, 26 e 27 de Abril, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, celebrou o FP Innova Galicia 2018, o III Congreso de Innovación na Formación Profesional, na Cidade da Cultura de Galicia.

O congreso contou cunha zona expositiva de 4.100 m2, onde as persoas visitantes poideron coñecer:

  • A investigación e a innovación que os centros de formación profesional de Galicia están a desenvolver en colaboración con empresas e institucións, a través da visualización en directo dos 30 proxectos de innovación que se presentan e que abranguen as tecnoloxías máis punteiras do mercado.
  • A innovación ligada ao emprendemento, representada nunha mostra de 17 proxectos empresariais de miniempresas que o alumnado e o profesorado puxeron en marcha, no marco do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende.   

 Como nas convocatorias anteriores o CIFP Politécnico de Lugo, participou tanto con Proxectos de Innovación como de Miniempresas. 

 

 

PROXECTOS DE INNOVACIÓN

MINIEMPRESAS

CELULA AUTOMATIZADA

PROTOTIPO UTM ELECTROCETÍN MADALU LONGBOARD

CELULA AUTOMATIZADA: Tratase dunha liña de produción a escala, totalmente automatizada de fabricación de cubos, con acceso remoto, comunicacións industriais, sistema de visión artificial, almacen vertical, pick & place, etc.

CENTRAL MODULADA: Sistema de regulación automática para a aplicación a unha central de aspiración centralizada que se emprega  no taller de próteses dentais.

Deseño e creación dun prototipo materializado nunha instalación que permita dar soporte vital en situacións de risco previsible, adaptable a espazos reducidos pero dotado dos medios adecuados de emerxencia para que o persoal coa formación adecuada poida prestar servizo de asistencia sanitaria en situacións de risco especial. 

 Deseño e confección de calcetíns luminescentes para nenos e nenas que permitan pisar, andar e correr directamente polo chan do fogar, e que transmitan unha sensación de liberdade para os pés. Están equipados con tecnoloxía de iluminación LED e sensores de activación por movemento que prenden o circuíto cando detectan o dinamismo. 

 Deseño e fabricación de táboas para patinar longas (longboard) e patinetes elaborados a partir dunha selección de madeiras nobres (freixo, nogueira, sapeli, etc.). . Por petición da clientela, os produtos poderán levar un gravado personalizado (nome, logo, escudo, etc.) deseñado nun contorno CAD/CAM e realizado mediante un proceso de fabricación CNC.

 Indicar o alto nivel das propostas alí levadas, así como a visibilidade dada o noso centro nesta edición de FPInnova: PARABENS !!! a todo o equipo de Innovación do Centro, e o profesorado e alumnado que colaborou nesta aventura.

CLAUSURA DO CONGRESO FPINNOVA 2018

 

GALERIA DE IMAXES

 

  • IMG-20180427-WA0002
  • IMG-20180425-WA0001
  • IN08_1
  • DSC_0016
  • DSC_0021
  • DSC_0027
  • DSC_0028
  • DSC_0033
  • electrocetin
  • IMG-20180427-WA0009
  • IMG-20180427-WA0010
  • IMG-20180427-WA0012
  • IMG-20180427-WA0026
  • IMG-20180427-WA0028
  • IN08_2
  • IN08_4
  • longboard
  • longboard2
  • utm
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.50.33
  • Captura
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.50.47
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.51.01
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.51.21
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.51.34
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.51.47
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.52.03
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.52.16
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.52.31
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.52.48
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.53.26
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.53.41
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.53.53
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 20.54.20
  • cssslider
  • WhatsApp Image 2018-04-29 at 21.57.13
css slider by WOWSlider.com v8.7