Aula Tecnoloxía Aplicada RUMED

Detalles
           
  
 
 
Espazo de Técnoloxía Aplicada: RUMED
 
 
 

Na convocatoria 2023 de espazos de tecnoloxía aplicada, a proposta do noso centro “Dixitalización dunha RUMED na aula”, foi seleccionda xunto con outras propostas de outros centros de Galicia. Esta actuación realizouse baixo o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros integrados de formación profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2023., e que a sua vez forma parte do Plan de Modernización da Formación Profesional do Ministerio de Educación y Formación Profesional.

 

 

O nome “Dixitalización dunha RUMED na aula”, identifica dun xeito rápido as novas tecnoloxías aplicadas nos procesos de limpeza,  desinfección e esterilización, no ámbito hospitalario.

A aula está orientada a conversión dun taller tradicional do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría, nunha Unidade de Reprocesado de Dispositivos Médicos (RUMED), o que se coñece coloquialmente como una Central de Esterilización.

 

Actualmente dende o ámbito laboral solicitase persoal altamente cualificado, polo que desta maneira ponse ao servizo do sistema sanitario para mellorar a eficiencia, a produtividade, a calidade e a seguridade dos procesos nesta área, implica a completa dixitalización das cadeas de valor a través da integración de tecnoloxías de procesamento de instrumental cirúrxico, que xera maior valor a toda a cadea.

 

 

 A RUMED, tratarase dun espazo pensado para dar a coñecer / estudar / experimentar /descubrir / demostrar aspectos da Central de Esterilización, simulando as contornas laborais reais.

Dispón de recursos didácticos reais e virtuais, e software de simulación do espazo de traballo. Permite visualizar as principais areas tecnolóxicas do mundo hospitalario, concentrase principalmente nas seguintes liñas temáticas:

  • Realidade aumentada (RA)
  • Realidade virtual (RV)
  • Trazabilidade do instrumental
  • Fabricación aditiva
  • Organización e xestión dunha RUMED 
 
 

 

Software de Xestión RUMED

 

 

Distribución de espazos

Procesos automatizados test de Bowie&Dick e test de Helix

 

 

 

 

 

 

   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo