FP PLUS

PROGRAMA FP EMPRENDE

Detalles

O pasado día 28 de Xaneiro  en Santiago de Compostela tivo lugar a presentación do programa FP Emprende, que se dirixe ao alumnado de FP maior de idade que curse o último ano dun ciclo formativo ou ben que se titulase nos dous últimos anos. Ademáis do IES Politécnico de Lugo, participan neste programa os  IES Manuel Antonio de Vigo, Luis Seoane de Pontevedra; e os Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol e Ánxel Casal de A Coruña.

O proxecto consiste na creación real de empresas desde os centros educativos a través de viveiros O viveiro consiste nun local acondicionado para a actividade empresarial que se cede, de xeito gratuíto e durante dous anos, ás persoas participantes no programa para que poñan en funcionamento un proxecto empresarial. A Consellería de Educación acondicionou os espazos destes centros destinados ao viveiro, dotándoos de recursos suficientes para abordar o proxecto empresarial, como ordenadores, Internet, teléfono e fax, impresora e fotocopiadora. Así mesmo, os emprendedores poden empregar os recursos existentes noutras dependencias, como obradoiros ou laboratorios.

Estes viveiros contan ademais cun titor, que acompaña aos emprendedores en todo o proceso de creación da súa empresa; e coa colaboración de empresas e institucións, como o IGAPE e BIC Galicia, que brindan a súa axuda e experiencia na formación dos titores e tamén asesoramento cando os emprendedores precisan do apoio exterior de gabinetes especializados.

Na presentación do programa o alumno de este Centro Jose Luis do Ciclo Medio de Mecanizado presentou o seu proxecto de creación dunha empresa de traballos forestais, nunha primeira fase, e da implantación dun centro de transformación da biomasa forestal en enerxía eléctrica e térmica, nunha segunda fase. Este segundo proxecto ten como obxectivo que sexa participativo e aberto a sociedade.

   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo