FP PLUS

Inaguración do Viveiro de Empresas

Detalles
Categoría pai: INSTITUCIONAL
Categoría: VIVEIRO DE EMPRESAS
Visitas: 3364

O pasado 13 de Febreiro a Conselleira de Educación, Laura Piñon, o Alcalde de Lugo, Xosé C. Orozco, e o Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Antonio Vázquez fixeron un percorrido polo Viveiro de empresa do noso Instituto.

O Viveiro consta de dous despachos para emprendedores e un despacho para o titor, todos eles completamente dotados. O noso Instituto ten como obxectivo completar os dous proxectos emprendedores a través de alumnos de 2º curso ou exalumnos que queiran desenvolver o seu proxecto emprendedor e posterior posta en marcha da iniciativa empresarial; pero como feito diferencial tamén quere ir un paso máis alá e ofertar a alumnos e alumnas de primeiro curso a posibilidade de participar nun proxecto a desenvolver durante un curso escolar para desenvolver un proxecto innovador cunha parte práctica e outra de elaboración do propio proxecto empresarial, de xeito que podan acercarse dunha forma práctica ao proceso emprendedor, despois unha vez rematado ofreceriaselles a posibilidade de implantar na realidade o proxecto desenvolto a través do viveiro.

Así neste curso preténdese ofertar un proxecto de enerxías renovables aos Ciclos Superiores de Desenvolvemento de Produtos Electrónicos, Instalacións Electrotécnicas e Produción por Mecanizado, dirixido a un máximo de sete alumnos e coa colaboración do profesorado correspondente. Estanse a facer os preparativos previos e se culmina coa participación de profesores e alumnos plasmaríase nun convenio de coordinación no tercer trimestre deste curso, no cal cada un dos participantes tería especificados os seus compromisos e obrigas.

Por outra banda, a titorización dos proxectos emprendedores do Viveiro, está a desenvolver un Proxecto de Empresa de Traballos Forestais e queda pendente de cubrir un proxecto asi que animamos a si sodes alumnos de 2º curso ou exalumnos a que os dirixades á Vicedirección para orientarvos e analizar as posibilidades.