DEPTO. CALIDADE E INNOVACIÓN

Suxestións, Queixas e Reclamacións (SQR)

Detalles
  • Os criterios definidos pola dirección do CIFP para o tratamento das SQR son:

–  Suxestión: idea que se lle aporta á dirección do CIFP con ánimo construtivo para a súa mellora.

Queixa: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP non ten contraídos compromisos debidos ao SXC ou legais.

– Reclamación: mostra de insatisfacción sobre aspectos nos que a dirección do CIFP ten contraídos compromisos polo SXC.

Os alumnos, o persoal interno e outras partes interesadas deberán presentar as súas SQR por escrito o email: This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.

Os alumnos de Tomelloso visitan o Concello

Detalles

Os dez alumnos do I.E.S. Garcia Pavón de Tomelloso ( Ciudad Real) que están a realizar a FCT en Lugo, nun intercambio de mobilidade, aprobado polo Ministerio de Educación, co CIFP Politécnico de Lugo, acompañados polo Director do noso Centro e por profesorado dun e doutro Centro visitaron o Concello de Lugo e o Centro Histórico da cidade.

WEB CONCELLO

Resultados Enquisa Labor Docente 1º Trimestre

Detalles

Resultados da enquisa de labor docente 1º Trimestre 2015/16, por ciclos.

MEDIA GLOBAL CENTRO: 3.39 (Criterio de aceptación 2.5)

Ler máis:Resultados Enquisa Labor Docente 1º Trimestre

Certificado IQNET

Detalles

Política de calidade

Detalles

Política de calidade

Os Centros Integrados de Formación Profesional do Sistema Educativo de Galicia, teñen unha implicación e compromiso claro coa calidade como se retrata na nosa Misión, Visión e Valores.

 Misión

 A nosa misión descríbese nos seguintes puntos:

  •  A cualificación e a recualificación das persoas ao longo da vida, mediante o establecemento dunha oferta de formación profesional modular, flexible, de calidade, e adaptada as demandas da poboación e as necesidades xeradas polo mundo produtivo.
  • Cando proceda, no marco do Sistema nacional das cualificacións e da formación profesional, a contribución a avaliación e a acreditación de competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral e de vías non formais de formación, promovendo así a valoración social do traballo.
  • A prestación dos servizos de información e de orientación profesional as persoas para tomar as decisións máis axeitadas respecto das súas necesidades de formación profesional en relación co ámbito produtivo en que se desenvolvan.

    Ler máis:Política de calidade

Certificado AENOR

Detalles

   
FSE
   
FSE
   
iso9001
   
   
Acreditación
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo