FP PLUS

VIVEIRO DE EMPRESAS

Eduemprende 2015

Detalles

 

“ O EMPRENDEMENTO COMO CHAVE DE FUTURO ”

O pasado día 16 de xaneiro tivo lugar no salón de actos do CIFP  Politécnico de Lugo unha xornada de fomento das iniciativas emprendedoras, destinada a alumnos de segundo curso de ciclos formativos e bacherelato.

  
A  xornada, que se enmarca dentro do programa eduemprende Actúa  xestionado pola Consellería de Educación e que implica a 99 centros educativos de Galicia, asistieron ademáis dos alumnos do Centro, estudantes da Escola de Imaxen e Son - Fundación TIC


A xornada contou coa participación dun técnico do IGAPE e dous xóvenes emprendedores ex alumnos do centro: Eva Piñeiro Lorenzo e Samuel Ferreiro Vázquez , da empresa URPMIGEEK S.C. ,  situada en Ronda da Muralla, 120, e adicada a reparación en venta de todo tipo de dispositivos móbiles.


Con estas xornadas pretendese acercar o mundo da empresa os estudantes e despertar así o seu espíritu emprendedor. Para poñer en marcha estas iniciativas emprendedoras, a Consellería de Educación pon a sua disposición a rede de viveiros situados nos Centros Integrados de FP, concretamente na nosa provincia: CIFP Politécnico de Lugo, CIFP Porta da Auga (Ribadeo) e CIFP As Mercedes.

 

Inaguración do Viveiro de Empresas

Detalles

O pasado 13 de Febreiro a Conselleira de Educación, Laura Piñon, o Alcalde de Lugo, Xosé C. Orozco, e o Director Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Antonio Vázquez fixeron un percorrido polo Viveiro de empresa do noso Instituto.

O Viveiro consta de dous despachos para emprendedores e un despacho para o titor, todos eles completamente dotados. O noso Instituto ten como obxectivo completar os dous proxectos emprendedores a través de alumnos de 2º curso ou exalumnos que queiran desenvolver o seu proxecto emprendedor e posterior posta en marcha da iniciativa empresarial; pero como feito diferencial tamén quere ir un paso máis alá e ofertar a alumnos e alumnas de primeiro curso a posibilidade de participar nun proxecto a desenvolver durante un curso escolar para desenvolver un proxecto innovador cunha parte práctica e outra de elaboración do propio proxecto empresarial, de xeito que podan acercarse dunha forma práctica ao proceso emprendedor, despois unha vez rematado ofreceriaselles a posibilidade de implantar na realidade o proxecto desenvolto a través do viveiro.

Así neste curso preténdese ofertar un proxecto de enerxías renovables aos Ciclos Superiores de Desenvolvemento de Produtos Electrónicos, Instalacións Electrotécnicas e Produción por Mecanizado, dirixido a un máximo de sete alumnos e coa colaboración do profesorado correspondente. Estanse a facer os preparativos previos e se culmina coa participación de profesores e alumnos plasmaríase nun convenio de coordinación no tercer trimestre deste curso, no cal cada un dos participantes tería especificados os seus compromisos e obrigas.

Por outra banda, a titorización dos proxectos emprendedores do Viveiro, está a desenvolver un Proxecto de Empresa de Traballos Forestais e queda pendente de cubrir un proxecto asi que animamos a si sodes alumnos de 2º curso ou exalumnos a que os dirixades á Vicedirección para orientarvos e analizar as posibilidades.

 

 

Eduemprende 2017

Detalles

 

1º PREMIO CONCURSO MINIEMPRESAS

        O noso centro levouse o 1º Premio do concurso de miniempresas, enmarcado no Programa Lanzadeiras Lugo. O programa ten a finalidade de promover a innovación e o emprendemento en todas as etapas do sistema educativo co obxectivo de potenciar as competencias profesionais, sociais e persoais do alumnado e desenvólvese dentro do plan Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende.

 

      O premio acadado supón o recoñecemento do traballo ben feito de: Isabel García, Isabel Sal, Fernanda Tordera e Sabela Fernández e  alumnado do ciclo de Farmacia e Parafarmacia a distancia.

Noraboa !!!!!!

Eduemprende 2014

Detalles

“ O EMPRENDEMENTO COMO CHAVE DE FUTURO ”

O día 4 de febreiro de 2014 tivo lugar no salón de actos do CIFP  Politécnico de Lugo unha xornada de fomento das iniciativas emprendedoras, destinada a alumnos de segundo curso de ciclos formativos e bacherelato.

  
A  xornada, que se enmarca dentro do programa eduemprende Actúa  xestionado pola Consellería de Educación e que implica a 99 centros educativos de Galicia, asistieron ademáis dos alumnos do Centro, estudantes do IES Lucus Augusti, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes e Escola de Imaxen e Son - Fundación TIC


A xornada contou coa participación dun técnico do IGAPE e tres xóvenes emprendedores lucenses: Juan Andrés Pérez da empresa Galdoo Technologies, S.L , que ten a sua sede no vivero de empresas do CIFP politécnico de Lugo e Ismael Casás e Hugo  Lozano   da empresa Centro Infantil  GALWY , que se trata dun centro de ocio infantil, situado na rúa San Roque.


Con estas xornadas pretendese acercar o mundo da empresa os estudantes e despertar así o seu espíritu emprendedor. Para poñer en marcha estas iniciativas emprendedoras, a Consellería de Educación pon a sua disposición a rede de viveiros situados nos Centros Integrados de FP, concretamente na nosa provincia: CIFP Politécnico de Lugo, CIFP Porta da Auga (Ribadeo) e CIFP As Mercedes.

EMPRESAS COLABORADORAS

 

PROGRAMA FP EMPRENDE

Detalles

O pasado día 28 de Xaneiro  en Santiago de Compostela tivo lugar a presentación do programa FP Emprende, que se dirixe ao alumnado de FP maior de idade que curse o último ano dun ciclo formativo ou ben que se titulase nos dous últimos anos. Ademáis do IES Politécnico de Lugo, participan neste programa os  IES Manuel Antonio de Vigo, Luis Seoane de Pontevedra; e os Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol e Ánxel Casal de A Coruña.

O proxecto consiste na creación real de empresas desde os centros educativos a través de viveiros O viveiro consiste nun local acondicionado para a actividade empresarial que se cede, de xeito gratuíto e durante dous anos, ás persoas participantes no programa para que poñan en funcionamento un proxecto empresarial. A Consellería de Educación acondicionou os espazos destes centros destinados ao viveiro, dotándoos de recursos suficientes para abordar o proxecto empresarial, como ordenadores, Internet, teléfono e fax, impresora e fotocopiadora. Así mesmo, os emprendedores poden empregar os recursos existentes noutras dependencias, como obradoiros ou laboratorios.

Estes viveiros contan ademais cun titor, que acompaña aos emprendedores en todo o proceso de creación da súa empresa; e coa colaboración de empresas e institucións, como o IGAPE e BIC Galicia, que brindan a súa axuda e experiencia na formación dos titores e tamén asesoramento cando os emprendedores precisan do apoio exterior de gabinetes especializados.

Na presentación do programa o alumno de este Centro Jose Luis do Ciclo Medio de Mecanizado presentou o seu proxecto de creación dunha empresa de traballos forestais, nunha primeira fase, e da implantación dun centro de transformación da biomasa forestal en enerxía eléctrica e térmica, nunha segunda fase. Este segundo proxecto ten como obxectivo que sexa participativo e aberto a sociedade.

   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo