| Os módulos profesionais (asignaturas) deste ciclo formativo son os seguintes: |
|
| 1º CURSO | 2º CURSO |
| - Deseño e construción de edificios. | - Desenvolvemento de proxectos de edificación non residencial. |
| - Estruturas de construción. | - Desenvolvemento de proxectos de edificación residencial. |
| - Implantacións de construción. | - Eficiencia enerxética en edificación. |
| - Instalacións en edificación. | - Medicións e valoracións de construción. |
| - Representacións de construción.l | - Planificación de construción. |
| - Formación e orientación laboral. | - Empresa e iniciativa emprendedora. |
Formación en Centros de Traballo (FCT): é un módulo que se cursa o final dos estudos, durante un trimestre, e que se desarrolla integramente na empresa. |
|
Proxecto: Este módulo ten por finalidade a integración efectiva dos aspectos máis salientables das competencias do título que se abordaron no resto dos módulos profesionais, xunto con aspectos relativos ao exercicio profesional e á xestión empresarial. Desenvolverase simultaneamente coa realización do módulo profesional de formación en centros de traballo. |
|
| Elaborar a documentación técnica de proxectos de edificación, realizar trazas de obra e xestionar o control documental para a súa execución. |
| Este profesional será capaz de: |
| - Intervir na redacción da documentación escrita de proxectos de edificación mediante a elaboración de memorias, pregos de condicións, medicións, orzamentos e demais estudos requiridos, utilizando aplicacións informáticas. |
| - Elaborar a documentación gráfica de proxectos de edificación mediante a representación dos planos necesarios para a definición destes, utilizando aplicacións informáticas de deseño asistido por computador. |
| - Predimensionar e, de ser o caso, dimensionar baixo as instrucións do responsable facultativo os elementos integrantes das instalacións de fontanaría, saneamento, climatización, ventilación, electricidade, telecomunicacións e especiais en edificios, aplicando procedementos de cálculo establecidos e interpretando os resultados. |
| - Predimensionar elementos integrantes de estruturas de edificación e, de ser o caso, colaborar na súa definición, operando con aplicacións informáticas baixo as instrucións do responsable facultativo. |
| - Elaborar modelos, planos e presentacións en 2D e en 3D para facilitar a visualización e a comprensión de proxectos de edificación. |
| - Xestionar a documentación de proxectos e obras de edificación, reproducíndoa e organizándoa consonte os criterios de calidade establecidos. |
| - Valorar proxectos e obras xerando orzamentos conforme a información de capítulos, e de partidas e ofertas recibidas. |
| - Elaborar plans e programas, realizando cálculos básicos de rendementos, para permitir o control da fase de redacción do proxecto, do proceso de contratación e da fase de execución de obras de edificación. |
| - Elaborar certificacións de obra, axustando as relacións valoradas ás medicións aprobadas, para proceder á súa emisión e facturación. |
| - Intervir na cualificación enerxética de edificios en proxecto ou construídos, colaborando no proceso de certificación, empregando ferramentas e programas informáticos homologados para tal fin. |
| - Elaborar plans de seguridade e saúde, e de xestión de residuos de construción e demolicións, utilizando a documentación do proxecto e garantindo o cumprimento da normativa. |
| - Obter as autorizacións perceptivas, realizando os trámites administrativos requiridos en relación co proxecto e/ou coa execución de obras de edificación. |
| - Realizar implantacións de puntos, aliñamentos e cotas altimétricas, estacionando os instrumentos e os utensilios topográficos de medición, e operando correctamente con eles. |
| TRABALLAR |
| As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade como persoal asalariado ou autónomo en estudios de arquitectura, enxeñaría e delineación, en consultorías, en promotoras inmobiliarias, en empresas construtoras e na Administración As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son: |
| - Delineante proxectista de edificación. |
| - Delineante de edificación. |
| - Delineante de instalacións. |
| - Maquetista de construción. |
| - Axudante de xefe/a de oficina técnica. |
| - Axudante de planificador/ora. |
| - Axudante de técnico/a de control de custos. |
| - Técnico/a de control documental |
| - Especialista en trazas. |
| - Axudante de pro cesos de certificación enerxética de edificios. |
| - Técnico/a de eficiencia enerxética de edificios. |
| - Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos. |
| SEGUIR ESTUDANDO |
| - Cursos de especialización profesional. |
| - Outro Ciclo de Formación Profesional (medio ou superior). |
| - Preparación das Probas de Avaliación de Bacharelato (unicamente as materias troncais). |
| - Ensinos Universitarios (coa posibilidade de establecer convalidacións) |











