O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso non centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
Se estás a sufrir ou coñeces algún caso de acoso ou ciberacoso, podes denuncialo de xeito anónimo depositando unha mensaxe na caixa que atoparás visible no instituto. De igual maneira, podes achegar a túa mensaxe a través deste medio