Erro
  • JUser: :_load: Unable to load user with id: 63

 

Son funcións do coordinador ou da coordinadora da biblioteca do centro integrado:


a) Elaborar o plan anual da biblioteca escolar do centro integrado así como unha memoria
final.

b) Realizar o tratamento técnico dos fondos (seleccionar, organizar, clasificar e catalogar
os recursos da colección) nos distintos soportes e formatos.

c) Informar o claustro de profesorado das actividades da biblioteca e integrar as súas
suxestións.

d) Difundir os recursos informativos existentes e as súas posibilidades de consulta e
aproveitamento entre toda a comunidade do centro integrado.

e) Definir os criterios para o préstamo e atender o servizo da biblioteca do centro integrado.

f) Asesorar o profesorado en técnicas de fomento da lectura, formación de usuarios e traballos
documentais, seleccionando e elaborando materiais, xunto co resto do profesorado,
para a formación do alumnado nestes aspectos e para a dinamización cultural do centro.

g) Responder ás demandas de apoio por parte da comunidade do centro integrado.

h) Coordinar as actuacións do equipo de biblioteca co resto dos departamentos a través
das súas xefaturas, especialmente coa xefatura de departamento de dinamización de idiomas,
coa persoa encargada da coordinación do equipo de dinamización da lingua galega
e coa persoa encargada da coordinación de TIC.

i) Calquera outra función que a xefatura da área de formación lle poida encomendar.

   
FSE
   
Acreditación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
Departamento Orientación
   
   
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo