Comisión de seguridade e saúde laboral

Detalles

        A comisión de seguridade e saúde laboral dos Centros Integrados,  está dirixida e coordinada pola xefatura da área de administración e xestión, coa finalidade de establecer a aplicación da normativa de prevención de riscos laborais. Esta comisión está composta polo xefe ou a xefa da área de administración e xestión, os xefes ou as xefas dos departamentos do centro e a persoa que designe o xefe ou xefa da área de administración e xestión de entre o persoal non docente con destino definitivo no centro.


Esta comisión será a encargada de :

  • Elaborar o plan de autoprotección do centro integrado, coordinar a súa implantación e supervisar o seu cumprimento, de acordo coa lexislación vixente.
  • Planificar e levar a cabo os simulacros de evacuación ou calquera outra actividade relacionada coa prevención de riscos, así como elaborar os correspondentes informes de resultados.
  • Favorecer a información á poboación afectada sobre os riscos a que está sometida e o modo adecuado de actuación, así como fomentar a cultura de prevención na comunidade do centro.
  • Formular propostas de adquisición de equipamentos e materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades de seguridade e saúde laboral.
 


INSTRUCCIÓNS EN CASO DE SIMULACRO DE EVACUACIÓN


 
   
Aula 4.0
   
Aula 4.0
   
FSE
   
Acreditación
   
Departamento Orientación
   
Aula 4.0
   
Rumed
   
Benestar
   
FSE
   
iso9001
   
   
   
   
© CIFP Politécnico de Lugo