| Os módulos profesionais (asignaturas) deste ciclo formativo son os seguintes: |
|
| 1º CURSO | 2º CURSO |
| - Fabricación por arranque de labra | - Fabricación por abrasión, electroerosión, corte e conformado, e por procesos especiais |
| - Interpretación gráfica | - Mecanizado por control numérico |
| - Procesos de mecanizado | - Metroloxía e ensaios |
| - Sistemas automatizados | - Empresa e iniciativa emprendedora |
| - Formación e orientación laboral | |
Formación en Centros de Traballo (FCT): é un módulo que se cursa o final dos estudos, durante un trimestre, e que se desarrolla integramente na empresa. |
|
| Executar os procesos de mecanizado por arranque de labra, conformado e procedementos especiais, preparando e programando as máquinas ferramenta, operando con elas e verificando o produto obtido |
| Este profesional será capaz de: |
| - Determinar procesos de mecanizado partindo da información técnica incluída nos planos, nas normas de fabricación e nos catálogos |
| - Elaborar os procedementos de montaxe de bens de equipamento. |
| - Preparar máquinas e sistemas |
| - Programar máquinas ferramenta de control numérico (CNC), robots e manipuladores |
| - Operar con máquinas ferramenta de arranque de labra, de conformado e especiais para obter elementos mecánicos, consonte as especificacións definidas en planos de fabricación. |
| - Verificar produtos mecanizados, operando cos instrumentos de medida e utilizando os procedementos definidos. |
| - Realizar o mantemento de primeiro nivel en máquinas e equipamentos de mecanizado establecido nos procesos de mecanizado. |
| TRABALLAR |
| Este profesional exerce a súa actividade nas industrias transformadoras de metais relacionadas cos subsectores de construción de maquinaria e equipamento mecánico, de material e equipamento eléctrico, electrónico e óptico, e de material de transporte encadrado no sector industrial. As ocupacións e postos de traballo máis relevantes son: |
| - Axustador/a operario/a de máquinas ferramenta. |
| - Pulidor/a de metais e afiador/a de ferramentas. |
| - Operador/a de máquinas para traballar metais. |
| - Operador/a de máquinas ferramenta. |
| - Operador/a de robots industriais. |
| - Traballadores da fabricación de ferramentas, mecánicos/as e axustadores/as, modelistas matriceiros/as e postos asimilados. . |
| - Torneiro/a, fresador/a e mandrilador/a. |
| SEGUIR ESTUDANDO |
| - Cursos de especialización profesional. |
| - Outro Ciclo de Formación Profesional (medio ou superior). |
| - Bacharelato |











