Aula Tecnoloxía Aplicada 4.0
- Detalles
- Visitas: 5851
Espazo de Técnoloxía Aplicada: AULA 4.0 | ||
Na convocatoria 2021 de espazos de tecnoloxía aplicada, a proposta do noso centro Aula 4.0, foi seleccionda xunto con outras 12 propostas de outros tantos CIFP´s de Galicia. Esta actuación realizouse baixo o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros integrados de formación profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade durante o ano 2021., e que a sua vez forma parte do Plan de Modernización da Formación Profesional do Ministerio de Educación y Formación Profesional.
|
||
O nome Aula 4.0, identifica dun xeito rápido a temática da Industria 4.0 que é o termo que empregamos para referirnos a cuarta revolución industrial, un cambio na maneira de organizar os medios produtivos consistente na introdución das tecnoloxías dixitais na industria. Nesta cuarta revolución industrial a tecnoloxía ponse ao servizo da industria para mellorar a eficiencia, a produtividade, calidade e seguridade dos procesos industriais, implica a completa dixitalización das cadeas de valor a través da integración de tecnoloxías de procesamento de datos, software intelixente e sensores; para así poder predicir, controlar, planear, e producir, de forma intelixente, o que xera maior valor a toda a cadea. Isto supón a integración técnica de los sistemas ciberfísicos (SCF) nas actividades de produción e loxística, así como o uso de IoT para o análise de datos procedentes dos procesos industriais |
||
A etodoloxía de traballo estará orientada a proxectos ou retos coincidentes con cada unha das liñas temáticas, desenvolvendo nos alumnos habilidades e competencias básicas tales como a cooperación activa, planificación de obxectivos, comunicación, toma de decisións e manexo do tempo, deste xeito o alumnado poderá desenvolver experiencias próximas as que se desenvolven no tecido produtivo.
|
||
Aula 4.0, Tratarase dun espazo pensado para dar a coñecer / estudar / experimentar / descubrir / demostrar aspectos da Industria 4.0, simulando as contornas laborais. Disporá de recursos didácticos reais e virtuais, e software simulación e de xeración de xemelgos dixitais. Permitirá traballar nas principais areas tecnolóxicas da dixitalización da industria, centrandose principalmente nas seguintes liñas temáticas:
|
||
Robotica Colaborativa |
Realidade Aumentada nos procesos industriales |
Plataformas Cloud IoT |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
||
|