Saltar la navegación

Especialista en Instalación e Mantemento de sistemas conectados a internet

Perfil Profesional

Curso de especialización: Instalación e Mantemento de Sistemas conectados a internet (IoT)
Familia: Electricidade e electrónica
Horas: 360 horas  (12 semanas)
 Que se aprende a facer?
Instalación, posta en servizo e mantemento de dispositivos e sistemas conectados a internet, IoT, asegurando a súa funcionalidade e conectividade, aplicando a normativa e a regulamentación, e os protocolos de calidade, privacidade, seguridade dixital, riscos laborais e respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En empresas, públicas e privadas, dedicadas á instalación, á configuración, á posta en servizo e ao mantemento de todo tipo de dispositivos, desde sensores e actuadores a obxectos comúns e sistemas conectados.

Que ocupacións se desempeñan?

  • Técnico/a en redes.
  • Instalador/a de equipamentos e sistemas electrónicos.
  • Instalador/a e reparador/a de sistemas e dispositivos conectados.
  • Instalador/a e reparador/a en tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Instalador/a e reparador/a de dispositivos IoT.
  • Mantedor/a de sistemas conectados.
  • Técnico/a en IoT.

Módulos profesionais

DENOMINACIÓN DURACIÓN
PERIODOS SEMANAIS
Instalación de Dispositivos e Sistemas conectados (IoT) 198 Horas 17
Mantemento de Dispositivos e Sistemas conectados (IoT) 162 Horas 13

Qué título ou acreditación se obtén?

Certificado superación Curso de Especialización

Qué requisitos de acceso se piden?   

Algunha das seguintes Titulacións:

  • Técnico en Sistemas Microinformáticos e Redes
  • Técnico en Instalacións Eléctricas e  Automáticas
  • Técnico en Instalacións de Telecomunicacións
  • Técnico en Mantemento Electromecánico
  • Outras ( infórmate)