Perfil Profesional
Curso de especialización: Fabricación Aditiva
Familia: Fabricación Mecánica
Máster de Formación Profesional
Horas: 600 (1 curso escolar)
Que se aprende a facer?
Desenvolver e xestionar proxectos de fabricación aditiva mediante o uso de impresión 3D, supervisar ou executar a montaxe, mantemento e posta en marcha dos devanditos proxectos, así como tomar decisións de implementación no desenvolvemento de produtos de empresa (auxiliares ou finalistas) respectando criterios de calidade, deseño, seguridade e respecto ao medio ambiente.
En que ámbitos se traballa?
Pequenas, medianas e grandes empresas, tanto públicas como privadas, principalmente nos ámbitos da investigación, desenvolvemento de produtos, produción industrial, mantemento industrial e servizos.
Que ocupacións se desempeñan?
- Experto en sistemas de fabricación aditiva
- Experto en impresión 3D
- Experto en deseño de produto para impresión 3D
- Deseñador 3D por escaneado,
- Experto en prototipado rápido.
Módulos profesionais
DENOMINACIÓN | DURACIÓN |
Deseño de estruturas alixeiradas e optimización topolóxica en fabricación | 82 Horas |
Escaneado e reparación de mallas 3D | 63 Horas |
Manexo, reparación e custos da fabricación aditiva | 100 Horas |
Modelado, laminado e impresión 3D | 200 Horas |
Post procesado | 73 Horas |
Tecnoloxías de fabricación aditiva | 82 Horas |
Qué título ou acreditación se obtén?
Título de Máster en Formación Profesional
Qué requisitos de acceso se piden?
Algunha das seguintes Titulacións:
- Técnico Superior en Programación da Produción en Fabricación Mecánica
- Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial
- Técnico Superior en Audioloxía Protésica
- Técnico Superior en Construcións Metálicas
- Técnico Superior en Patronaxe e Moda
- Técnico Superior en Automoción
- Técnico Superior en Deseño en Fabricación Mecánica
- Técnico Superior en Dirección de Cociña
- Técnico Superior en Deseño e Produción de Calzado e Complementos
- Técnico Superior en Proxectos de Edificación
- Técnico Superior en Enerxías Renovables
- Técnico Superior en Proxectos de Obra Civil
- Técnico Superior en Programación da Produción en Moldeo de Metais e Polímeros
- Técnico Superior en Deseño e Amueblamento
- Técnico Superior en Deseño Técnico en Textil e Pel
- Técnico Superior en Animacións 3D, Xogos e Contornos Interactivos
- Técnico Superior en Vestiario a Medida y de Espectáculos
- Técnico Superior en Caracterización e Maquillaxe Profesional
- Técnico Superior en Ortopróteses e Produtos de Apoio