Perfil Profesional
Curso de especialización: Ciberseguridade en Contornos das tecnoloxías de operación. Máster de Formación Profesional
Familia: Electricidade e electrónica
Horas: 720 (24 semanas)
Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nas organizacións e nas infraestruturas industriais, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución das medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Organizacións de diversos sectores, nas que cumpra establecer e garantir a seguridade dos procesos industriais que desenvolven.
Que ocupacións se desempeñan?
- Experto/a en ciberseguridade
- Auditor/a de ciberseguridade
- Consultor/a de ciberseguridade
- Analista de ciberseguridade, todas elas en contornas da operación.
Módulos profesionais
DENOMINACIÓN | DURACIÓN | PERIODOS SEMANAIS |
Análise forense en ciberseguridade industrial | 180 Horas | 7 |
Ciberseguridade en proxectos industriais | 100 Horas | 4 |
Redes de comunicacións industriais seguras | 140 Horas | 6 |
Seguridade integral | 180 Horas | 8 |
Sistemas de control industrial seguros | 120 Horas | 5 |
Qué título ou acreditación se obtén?
Título de Máster en Formación Profesional
Qué requisitos de acceso se piden?
Algunha das seguintes Titulacións:
- Técnico Superior en Sistemas Electrotécnicos e Automatizados
- Técnico Superior en Mecatrónica Industrial
- Técnico Superior en Automatización e Robótica Industrial
- Técnico Superior en Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos
- Técnico Superior en Mantemento Electrónico